top of page

Lêgerîn #19 xa está dispoñible: A mocidade érguese!

  • May 18
  • 2 min read

Queridos lectores,

O vello mundo está a morrer e o novo ten dificultades para nacer: estamos na era dos monstros’’. Esta cita de Antonio Gramsci de 1929 podería ter sido escrita nos nosos tempos, xa que describe perfectamente a situación que nos toca afrontar hoxe en dia. Todo o que estamos a vivir fainos pensar que a chamada orde mundial, baseada no dereito internacional, xa é cousa do pasado. En marzo, o representante do Kremlin Dmitry Peskov facía está declaración: ‘’Honestamente, nin eu mesmo podo entender como se pode esixir que se cumplan as normas e principios do dereito internacional. De feito, non podemos considerar que estean vixentes. E que dereito sustituíu o dereito internacional? Ninguén o sabe de momento...’’ Un discurso recente de Macron sobre armas nucleares define o principio sobre o que a nova orde mundial se esta a construir: ‘Para ser libre, debes ser temido. Para ser temido debes ser poderoso’’. A crise existencial á que se enfronta o captalismo xa non lle permite agocharse a si mesmo tras unha máscara. As guerras actuais mostran a brutalidade de forma totalmente aberta, á vez que os arquivos de Epstein deixan entrever a natureza da mentalidade patriarcal que existe detrás destas masacres.


Nesta escuridade, os levantamentos xuvenís dos últimos meses son destellos de esperanza que se extenden en cada continente. Estes movementos son un chamamento a retomar a iniciativa e a liberarnos da parálise na que o sistema pretende mergullarnos. Como podemos entender estes levantamentos? Cales son as súas fortalezas e as súas debilidades? Que perspectivas existen para conseguir un cambio duradeiro? Con esté número, pretendemos ofrecer algunhas posibles respostas a estas preguntas.

“O que está claro é que erguerse contra o sistema non é suficiente; tamén debemos desvincularnos del: material e mentalmente. Xa non podemos aceptar servir como soldados, traballadores ou burócratas para os estados e as forzas capitalistas que están a levar a humanidade cara un eventual desastre xeneralizado. Debemos construír o noso propio sistema en paralelo, situando a liberdade das mulleres no seu centro.”


‘’A realización práctica da teoría é a comunalización. Unha vida libre e digna sóamente pode realizarse coa construcción das comunas en cada esfera da vida. A vida libre xenuína das mulleres – e por tanto da sociedad – depende do poder cosntructivo das mulleres e da comunalización que elas dirixen’’. 1


Estamos ó carón dos mozos e mozas voltando ás súas vilas en Indonesia, xunto a aqueles que, en Europa, están a facer folga nas súas escolas e postos de traballo en sinal de protesta contra a guerra, xunto á Gen Z de Madagascar que defende os logros que tanto lles custou conquistar e tamén cos mozos e mozas que deciden unirse ás unidades de autodefensa en Rojava, estamos coa mocidade Zapatista que está a fortalecer a súa autonomía e con aqueles que se están a preparar para zapar nas flotillas cara a Gaza.


Construamos xuntas o levantamento permanente da mocidade!


Editorial de Lêgerîn


1. Mensaxe de Abdullah Öcalan o 8 de marzo https://espanol.anf-news.com/mujeres/-58238



 
 
 

Comments


bottom of page