A determinación por unha vida libre
- 1d
- 5 min read
En memoria da mártir Deniz Ciya.

O 10 de Xaneiro de 2026 os fascistas lanzaron o corpo morto dunha loitadora por un edificio no barrio curdo de Alepo. Convertérono nun meme. Pero isto non é do que queremos escribir hoxe. Queremos escribir sobre a loitadora e a forza dunha muller que nunca poderán superar.
O seu nome é Deniz Civa. Un nome que non debe ser esquecido. Contar a súa historia é algo valioso para min. Compartimos moitos meses xuntas – rimos, bailamos e buscamos o por qué queriamos vivir xuntos.
O 10 de Xaneiro de 2026 en Sheikh Maqsoud, Sehid Deniz elixiu con outras catro loitadoras das forzas de seguridade interna converterse en inmortal antes que caer nas mans do inimigo. Na defensa dos seus barrios, loitaron ata a última bala. Quedáronse co seu último explosivo e usárono en eles mesmos para non caer vivos nas mans dos yihadista. Como toda a xente do Norte e Este de Siria, saben de primeira man como os yihadistas mutilan, violan e matan.
Sehid Deniz era a comandante da súa unidade. As súas accións e persoa están vinculadas inseparablemente a resistencia de Aleppo. Só tiña dezanove anos, e non me sorprende que chegara a comandante. Se alguén era capaz de animar a toda a xente ao seu redor para dar sempre a súa mellor versión e estar completamente presentes, era ela, especialmente cando loitaba pola súa cidade, Alepo, e pola súa sociedade.
Incluso despois de decidir loitar cun arma, ela cantou e bailou nun grupo de arte e cultura de Alepo. Levouse o seu amor pola música con ela a todos lados, sempre a compartía connosco. Podo vela, horas antes de morrer, inmersa nos seus diarios con música nas súas orellas, ou pondo a música a todo volume e chamándonos a todos para practicar bailes tradicionais Curdos e Árabes. Moitas veces tropezaba máis que bailaba, pero sempre me animou a seguir bailando ata que finalmente o dominei.
Pasamos moitas noites unha a carón da outra, mirando as estrelas e compartindo os nosos pensamentos. Cando os suministros se volveron escasos por un tempo, compartiamos un diario -ela unha páxina, eu outra- que ao final liamos en voz alta entre nós. Ela case sempre escribía sobre os seus amigos, quenes eran e que viviran. Nunca contou só a súa historia, sempre levaba as do resto consigo mesma, as distintas linguas e vidas que nos levaron a esta loita; xuntos loitamos por un mundo tan diverso como nós mesmos.
Sehid Deniz levaba esta diversidade con ela. A súa nai viu de Afrín e o seu pai era Árabe. Ela creceu tanto en Aleppo como en Damasco. Estaba orgullosa de ter tanto raíces Curdas como Árabes, e estaba profundamente conectada ca historia do seu pobo e a coexistencia da súa xente. Conforme con esta sociedade diversa, nunca se apartou dela e sempre foi, dunha forma completamente natural, unha parte inseparable do todo. A súa personalidade arrastraba internacionalismo con ela. Traducía incansablemente entre linguas e persoas. Cando lin o meu primeiro libro Kurdo, sentouse ao meu carón e explicoume pacientemente cada palabra descoñecida.
Cantaba cancións de diversas culturas. A súa canción favorita era Berxwedan xweş doz e, unha canción sobre a beleza da resistencia nas montañas de Curdistán. Amaba os animais e a natureza. Podía sentarse na fogueira durante horas e, cada vez que algún animal estaba preto, tiña a súa total atención. Cando observaba animais, esquecía todo ao seu redor. Sempre defendeu a vida. Cando vexo as imaxes do abuso ao seu corpo sen vida que foron publicadas, a crueldade do fascismo conmocióname. Pero sempre será esa beleza da vida que vexo nela, iso é para o que loitou, unha vida feliz.
Os nomes que levamos nas loitas revolucionarias son de significado especial. Son os nomes de amigos cuxo legado levamos connosco. Sehid Deniz creceu nunha forte cultura de resistencia. De nena, coñeceu a unha loitadora do Norte de Curdistán que levaba o nome de Deniz. Ela a miúdo falaba das pegadas que lle deixou e o contaxiosa que era a súa enerxía.
Sehid Deniz Kawyan Amad loitou contra o ISIS en Shengal e volveuse a comandante da unidade feminina Yazidí. Con esta unidade feminina Yadizí, formou parte da liberación da cidade de Raqqa das mans do ISIS. Durante a defensa da cidade de Afrín contra a invasión do exército Turco, deu a vida polo futuro do seu pobo. A súa vida e posición nesas horas difíciles calaron fondo en moita xente en Afrín. A dor e resistencia de Afrín arderon tan profundamente na alma desta terra, en cada segundo, en cada lugar, en cada amigo, que un pode sentilo. Sehid Deniz Ciya era inda unha cativa nese tempo, pero en Rojava ser unha nena da guerra implica ser unha nena de resistencia, de revolución. Como tantos outro compañeiros novos, arrastraron esta enerxía e impregnárona en novos compañeiros.
Sehid Deniz Ciya converteuse nunha comandante en esta loita pola súa terra natal, pola defensa dunha vida libre. Levamos a súa enerxía connosco, non só nun mundo idílico senón no aquí e agora. Ela deulle aos seus arredores un sentimento de seguridade e entrou na loita con todo o que ela tiña. Nunca estivo soa.
Ti querías honrar a túa amiga Deniz Kawyan Amad. Sempre falabas sobre ilo. Estimada Sehid Deniz, conseguíchelo. Deixaches fondas marcas en todos nós. Marcaches a rabia de vingar as atrocidades cometidas contra ti. Es un modelo a seguir para nós por terconectado uns con outros e por ter construido pontes entre nós. Continuaremos a túa loita e nunca nos esqueceremos de ti, da túa determinación e soños.
Sentimos a forza que nos deches, a túa determinación por nunca mirar para outro lado e sempre loitar pola vida . Para concluír cas túas últimas palabras:
“Os inimigos, aqueles que cunha ideoloxía Yihadista, puxeron en gran perigo ao total do
mundo e as xentes da rexión, especialmente ás mulleres, rodeáronnos con tanques. Un gran
número de brigadas están a atacarnos. Ata agora resistimos de moitas formas, pero agora temos que empregar a munición que temos con cautela para non quedarnos sen ela. É preciso que tódolos nosos compañeiros e a nosa xente saiba que loitamos ata o noso último alento, dá igual o que suceda. Estánsenos a facer chamamentos a rendición, pero como Zarîfe e Besêyan se tiraron polos acantilados de Dersim, como Rindêxan remataron ca súa vida na Ponte de Maladabi e deron así sentido á vida, nós tampouco daremos un paso atrás na resistencia. Agora cada unha de nós ten unha bomba consigo mesma. Cando a nosa última bala sexa disparada, as cinco comandantes xuntas levaremos a cabo un acto de autosacrificio contra o inimigo ocupante que cometeu todo tipo de atrocidades contra a nosa xente e contra os nosos camaradas. Dá igual o que pase, nada é máis importante que defender a honra da nosa xente. Aqueles que non lle planten cara á morte no momento decisivo non se poderán converter no alento dunha vida libre.”
Sehid Namirin — Os mártires nunca morren
Comments