top of page

En memoria de Trvko

  • 43 minutes ago
  • 3 min read


En memoria de Trvko un artista e activista pola democracia

 

Na noite do 15 de outubro de 2025, un policía infiltrado disparou a Eduardo Mauricio Ruiz Saenz, tamén coñecido como Trvko. Nas horas previas á súa morte, Trvko marchara con milleiros de persoas polas rúas de Lima para esixir a fin a desenfreada corrupción e inxustiza. Era un artista, pai, irmán, fillo, asasinado a curta idade de 32 anos. Co seu asasinato converteuse nun dos máis de 50 mártires que avogaron pola democracia en Perú.

 

O QUE VIU ANTES: OS LEVANTAMENTOS DE 2022 E 2023

 

Cando en 2022 o presidente electo Pedro Castillo, o primeiro gobernador peruano de formación campesiña foi derrocada, o pobo, especialmente na rexión surandina, rebelouse. Os bloqueas de rúas, folgas e protestas en todo o país duraron meses, seguidos dunha ola de represión máis intensa e mortífera que vivira o país no século XXI. Cando en 2021 Pedro Castillo postulou para a presidencia, a meirande parte do campesiñado peruano, invisible durante moito tempo no transcurso de 200 anos de política pública republicana, viuse finalmente representada por un candidato. Xente de comunidades remotas realizaron viaxes de horas para acadar os colexios electorais máis próximos coa esperanza de que desta volta o seu voto trouxese un cambio real. Xacando, nen un ano despois do congreso decidiu desestimar o voto popular pola súa propia axenda, a indignación popular, especialmente nas devanditas comunidades, foi masiva e manifestouse en meses de protestas espontáneas organizadas.

 

A policía e as forzas militares asasinaron a un aproximado de 50 persoas unicamente nos meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023. Dende entón, deuse unha escalada do derrubamento da democracia e do auxe do autoritarismo en Perú: tres presidentes diferentes nun ano, incrementos da violencia rueira e bandas extorsionaras que atemorizan ós traballadores de Lima e do norte do país, redes de tráfico de drogas no sur, escándalos de canles de corrupción, tanto na esquerda coma na dereita, e políticos membros do congreso cunha acentuada desconexión do pobo. Mauricio, coma outra moita xente, levou a súa indignación ás rúas o 15 de Outubro, cando as federacións estudantís, sindicatos de condutores de autobuses e outras organizacións sociais chamaron a unha folga xeral. Coma moitos outros, foi asasinado por un réxime neoliberal disposto a aniquilar a calquera para conseguir preservarse.

 

CANDO A REPRESIÓN ESTATAL INCREMENTA, O POBO SEMPRE SE ORGANIZA

 

Este sistema ten as súas raíces na historia de Perú. Nos anos 80 e 90, o país experimentou unha era de terror, violencia e represión que marcou a poboación ata os nosos días. O pobo, especialmente o procedente do rural, viuse entre a violencia dos grupos comunistas, habendo algúns deles que tornaran na súa contra, e a brutal represión estatal que atacaba calquera forma de organización política ou social. As forzas militares e policiais foron o brazo executor de masacres e persecucións en universidades e vilas pacíficas (especialmente no sur de Perú), onde se deron a meirande parte das masacres de 2022/23. Como consecuencia, aflorou un profundo medo á calquera tipo de forma política. Ca presidenza de Alberto Fujimori en 1990 e a imposición do neoliberalismo, o medo ós movementos políticos e ás organización aumentou. Porén, coma nos ensina a historia, as forzas democráticas sempre atoparán o xeito de organizarse.

 

Trvko era parte do Movemento de Hip Hop que xurdiu a comezos do s200s nos barrios de Lima. Tras os acontecementos dos 80 e 90 moita xente perdera a fe nos movementos tradicionais de esquerda liderados por grupos e partidos comunistas. Mais a propagación do neoliberalismo e o imperialismo estadounidense creou unha nova ola de organización social, baseada na creación de comunidade. En Perú, especialmente en Lima, seguir tamén a lembranza do acontecido durante o réxime de Fujimori. A mocidade dos barrios de clase baixa en Lima, coma Comas, San Juan de Lurigancho e San Martin de Porres, creou colectivos e centros sociais centrados en facer música hip-hop e ofrecer á mocidade unha alternativa a tornar policías ou rematar nas drogas e dentro de organizacións de crime organizado. Tamén se adestraron para as protestas, aprendendo a defenderse contra os axentes policiais e a como desactivar bombas de gas lacrimóxeno. Despois da sua morte, os medios de comunicación e a policía tentou xerar a imaxe dunha persoa violenta, un criminal drogadicto, para disociar á xente das súas demandas de xustiza e evitar calquera responsabilidade por ter asasinado a Mauricio. Mais, nos somos quen de ver a través deste tipo de manipulación, e gardamos o seu recordo. Coma con outros mártires da democracia en Perú, sabemos que son fillos da súa terra, da súa xente.

 

 

O POBO LOITARÁ E O POBO VENCERÁ

 
 
 

Comments


bottom of page