Imaxina o imposible
- 2 hours ago
- 6 min read
A revolución de 1968
Teresa Coppola
Quenes son os mozos e mozas do 1968? Qué similitudes existen entre esa época e os tempos que estamos a presenciar nos nosos días? Cómo podemos volver imaxinar un mundo diferente, aínda cando parece imposible?
Se observamos a mocidade ao longo da historia, vemos que constitúe, sen dúbida, unha parte da sociedade que impulsa a acción a longo prazo1. Dentro desta corrente que prevalece na actualidade, procuramos desvelar os mecanismos históricos que se mostraron como decisivos, aqueles que marcaron direccións distintas. O noso propósito é atopar e dar forma ás chaves capaces de desbloquear as engrenaxes dos nosos tempos para poder acadar un escape do caos.
O ano 1968 consistirá nunha conxuntura histórica a nivel mundial. Tras emerxer devastadas de dúas guerras mundiais e dun neocolonialismo descontrolado, as nacións-Estado de todo o globo optan por abrir un período de paz. Porén esta paz non se chegou a espallar no sur global. A liberdade prometida polo neoliberalismo ofuscou a parte do mundo coma se de opio de tratase e tornou a outra nun inferno na Terra. O Congo, Vietnam e Sudáfrica transformáronse nos guetos dentro dunha sociedade acomodada.

A rebelión da periferia
Ca conexión entre “primeiro” e “terceiro” mundo, desenvolveuse un novo modelo de solidariedade internacional en dúas frontes estratéxicas. Por unha banda, atopamos un desenrolo de guerras de guerrilllas anticolonialistas nunha época na que se estaba a dar un veloz auxe da tecnoloxía bélica. Por outra banda, deuse un decaemento interno do capitalismo na súa ausencia mediante o desenvolvemento da conciencia e construción dunha forma de vida diferente.
Neste contexto xorde a necesidade de vangardas revolucionarias que impulsasen á sociedade a imaxinar un mundo alternativo ó que ofrece o capitalismo moderno. A prioridade é a construción dunha vontade de liberación da opresión autoimposta e tomar conciencia de que vivimos sometidos ó elixir da falsa liberdade do liberalismo.
Vietman é dos máis importantes exemplos evidentes desta dobre fronte. Por unha banda, presenta unha resistencia da mocidade estadounidense contra o recrutamento masivo. Por outra banda, dispón dun movemento guerrilleiro popular de autodefensa contra o maior poder militar a nivel mundial.
A loita palestina pola liberación nacional transformouse nun faro de esperanza e acada un punto de inflexión en 1967 cao creación do FPLP e o comezo das operacións armadas.
Os vocablos de descolonización foi tamén transferido entre os propios estados occidentais. Michel Rocard, líder do Parti Socialiste Unifié, en Francia, deu un discurso acerca da descolonización das provincias, denunciando o desequilibrio entre París e o resto do país2.
Nos Estados Unidos a loita do movemento afroamericano foi crucial, especialmente o do Partido das Panteras Negras, o cal dende a súa fundación en 1966 adquire un carácter transnacional. Os Dalits oprimidos na India simulan a retórica dos Panteras Negras. Representantes da Fronte pola Liberación da Nación Vietnamita tamén emprega a organización como modelo, autoproclamándose como Panteras Amarelas.
O movemento xuvenil
De socato, os activismos presentes en Palestina, Alxeria, Vietnam e América latina expándense por todo o mundo. Xóvenes, necesarios no sistema pola súa forza física nos contextos militares e polos seus coñecementos intelectuais nas diferentes áreas do coñecemento, rebélanse e tornan nos suxeitos revolucionarios do momento. 1968 representa o cumio dun período de protestas precedentes que comeza ideoloxicamente nos campus de California. Expándese a Italia, México e Alemaña. Posteriormente, atopará a súa máxima expresión e a de maior simbolismo en Francia durante maio e xuño no 1968.
A advertencia do Che Guevara “Sede realistas, esixide o imposible” resoa en todas partes. E coma se milleiros de pontes foran construídas en todo o mundo. A irmandade dunha sociedade resistindo a unha modernidade que tende ligazóns entre todas as loitas intuitivamente.
A mudanza de paradigma
A transición ten lugar dende unha aproximación centrada nas clases socias cara unha centrada na autonomía política e as normas morais da sociedade, A nova sensibilidade nada en 1968 está estreitamente ligada a unha visión utópica do socialismo en todos os aspectos das nosas vidas. Significa tomar partido en contra do poder e contra as autoridades que reprimen a imaxinación e a liberdade
Ca revolución China emerxe o concepto de revolución cultural. Nisto, 1968 representa un punto de inflexión a nivel cognitivo, un cambio de paradigma par aun xeración enteira
En consecuencia, a ola do cambio iniciouse nas universidade, que abriron as súas portas á mocidade procedente de clases non privilexiadas. Durante 1968, asistimos o xurdimento de comités e asembleas xerais nas facultadas, abertos a calquera persoas con ánimo de participar.
No seguinte ano, 1969, estudantes de toda Europa abandonan as universidades para unirse o movemento obreiro, abrindo o camiño para o desenvolvemento dos partidos políticos e organizacións da década dos 70.
Durante as ocupacións e as mobilizacións, os estudantes probaron formas de vida comunitarias entre iguais. Aquí comeza a aparecer a sementa da idea do que é persoal e o que é político3. Isto acontece ó intentar politizar a novos ámbitos da vida e novas contradicións que xorden dos profundos vínculos que se crean nas ocupacións, folgas e manifestacións.
Conta a corrupción moral do capitalismo, o obxectivo reside no desenvolvemento dunha nova forma de vida coherente cos ideais persoais e que poida practicarse no transcurso do camiño
O movemento feminista
Cando a sociedade está en movemento os elementos que moven as engrenaxes son máis sinxelo de ver. As mulleres que participaron no movemento social de 1968 percatáronse de que o maior obstáculo para a liberación era a opresión de xénero que estaban a experimentar, é a mentalidade patriarcal inherente en todos os aspectos da sociedade. Entenderon que a contradición entre homes e mulleres é unha fractura que cruza todos as demais divisións sociais. A renovada conciencia de ser suxeitos capaces de dar forma á historia vincula a liberación persoal coa liberación colectiva. As experiencias persoais das mulleres tornan en políticas.
A participación das mulleres nos movementos socias converteuse nun fenómeno perturbador. Representa tanto a rutura coma a reconciliación. É capaz de interpretar a necesidade histórica, deixando unha pegada duradeira e realizando contribucións importantes en termos de ferramentas e prácticas políticas que axudan a superar o estancamento da militancia de esquerdas tras o decaemento das olas de protestas dese ano.
O feminismo negro tamén contribuíu á evolución da historia da teoría feminista, pois xorden da consciencia das mulleres negra que son inseparables ante o racismo, sexismo e opresión de clase.
Deste xeito, os movementos feministas emerxen vitoriosos do legado de 1968, en contraposición á maioría da esquerda extraparlamentaria. Fomentan unha cultura de política de unidade na diversidade e desenvolven a capacidade de unión das diferentes loitas sen simplificar a realidade. Ó facelo, conseguen influír na sociedade mundial e provocar un profundo espertar da conciencia.
Xiros destrutivos
O sentimento de desesperación e importancia que xera un mundo dividido en dous bloques, engadido ó risco de tornar nun insignificante engrenaxe da maquinaria capitalista, empurran a moitas persoas á procura de novas alternativas.
A creación de subculturas e paraísos artificiais separados do resto da sociedade converteuse nun dos xiros máis liberais dentro dos movementos xuvenís. Prevalecer nas marxes do sistema e o seu estilo de vida é as veces percibido coma algo radical, mais a consecuencia é habitualmente ó illamento da sociedade.
Parcialmente a causa da separación das transicións políticas do século XIX e a súa apertura a experimentación ideolóxica, o movemento xuvenil de 1968 non sempre distinguiu entre o que era produto do capitalismo e o que non. Nas estruturas organizativas que adoitan ser fluídas e carecen de obxectivos estratéxicos, continúa a existir a posibilidade de que o propio sistema execute ataques e marxinacións.
Non é casualidade que estean a chegar cantidades masivas de drogas as metrópoles occidentais tras as olas de protestas. A heroína expandiuse coma unha epidemia e matou a milleiros de mozas que doutro xeito terían acadado o potencial para derrocar o sistema.
A nosa herdanza
Malia crecer sufrindo violencia sistémica, seguimos a ser quen de imaxinar o imposible, de unirnos, de revelar as contradicións e sacar á luz as conexións recónditas e os falsos mitos do sistema capitalista, que se presenta coma invencíbel, mais sempre foi fráxil. Isto é o que nos mostra 1968. se non adquirimos conciencia do noso pasado, da mocidade que, coma nos, golpeouse a cabeza contra os limiares do mundo, que desgarraron as súas voces gritando e que se lanzaron de cabeza a unha sociedade que esixía o seu silencio e obediencia, como imos superar os ataques contra os nosos corazóns e mentes hoxe?
Hoxe non estamos sós, e tampouco o estivemos na historia. Somos milleiros de mozas que se sacrificaron para poder atoparnos un paso máis preto de comprender e acadar os nosos obxectivos.
Todas as loitas de resistencia levadas a cabo pola mocidade revolucionaria que aconteceron ó longo da historio son o noso legado, en particular, o movemento xuvenil de 1968 defínese coma o legado fundamental para a existencia propia, como o piar central máis actualizado e coma unha revolución xuvenil en cuxa transición basease o actual movemento xuvenil. A intención é desenvolver a resitenza espírito e rebeldía da revolución xuvenil de 1968. O obxectivo estratéxico é promover unha segundo ola deste movemento
Os principios do confederalismo xuvenil democrático – Manifesto da mocidade