A Nova Comuna de París
- Jul 10
- 6 min read
Como a mocidade de Bakur revelouse en defensa da vida comunal
Marcos Pacheco

Os fogos de artificio iluminan o ceo de vermello, verde e amarelo durante a noite. Nas rúas acendéronse fogueiras por todas partes e arredor delas congregouse xente de todas as ideades. Moitas delas bailan en círculos derredor delas ó ritmo da enxordecedora música que soa polos altofalantes. Cada vez que hai unha pausa, a mocidade emprega as súas poderosas voces para cantar eles mesmos as cancións, que a súa vez son repetidas polo resto.
A multitude máis grande atópase concentrada na recentemente inaugurada “Mala Gel”, a Casa do Pobo. Mais a xente do barrio chámaa en broma a “Casa de Deus” pois, coma nunha mesquita, sempre está chea e cada un entra e sae como quere. Mentres todas as institucións do Estado e dos partidos políticos permanecen case baleiras. Pola contra, a xente vai aló resolver os seus problemas, organizarse e axudarse mutuamente. Este lugar converteuse no corazón da cidade, onde o significado de palabras como política, democracia e comunidade están a ser redefinidas.
A pesar de todo o ruído e actividade, non se ve un só policía. Ningún deles se atrevería vir sen o apoio dunha gran operación militar. Pola contra, grupos de mozos e mozas do barrio realizan gardas tras a barricadas que construíron nas rúas principais. Para protexer a súa identidade, ocultan o seu rostro tras panos estampados, pero o seu afervoamento e determinación son evidentes incluso a través deles. As nais anciás do barrio lévanlles comida regularmente e todas as demais abren os seus fogares para que poidan durmir e descansar cando o precisen.
Máis tarde, esa mesma noite, toda a mocidade reúnese nunha única columna masiva mentres marchan pola cidade. A medida que avanzan, varias das rúas principais quedan completamente ocupadas e cortadas ó tráfico. Levan consigo rochas e cócteis Molotov, que lanzan a calquera coche de policía que tente achegarse a eles. Máis fogos de artificio explotan sobre as súas cabezas a mediade que a enerxía eléctrica pasa de corpo en corpo. Nos vindeiros meses, moitas delas caerán en batalla ou serán levadas coma prisioneiras ás inhumanas cárceres do Estado turco. Porén, esta noite as rúas perténcenlles. Á mocidade audaz que levan os soños de todas as xeracións devanceiras. Esta é a súa noite, este é o seu barrio. A súa cidade. A súa terra.
Unha década despois, aínda escoitamos ecos de loita en Bakur
Estamos a 15 de agosto, 2015 na cidade de Cizre, no corazón de Botan, unha das maiores rexións kurda que hoxe se considera como unha parte do Estado Turco. Só uns días antes, a xente da cidade, xunto coas cidades de Şirnexê, Amed and Nisêbîn, anunciaron a súa autoadministración autónoma. Isto aconteceu anos despois de que as negociacións co Estado turco fracasaron no seu intento de chegar a unha solución pacífica. Detívose cando o goberno abandonou a mesa de negociacións e retomou os ataques físicos. Aínda que as cidades kurdas teñen a intención de separarse de Turquía, con esta medida declaran que xa non recoñecen a autoridade do Estado para decidir o deu destino por elas e que recuperar o controlar das súas vidas nas súas propias mans. Este movemento de autonomía non xurdiu da nada. É un resultado de anos de preparación e organización acompañada dunha profunda transformación ideolóxica no Movemento pola Liberdade de Kurdistán.
Dende finais do século XX, o movemento afastouse das súas orixes Marxistas-Leninistas e da estratexia de liberación nacional para optar pola estratexia do Socialismo Democrático. Inspirándose nos escritos do líder kurdo e preso político Abdullah Ocalan, xa non procura “a conquista do Estado”, nen espera a que este acceda ás súas demandas. Mais tampouco opta por destruílo inmediatamente. Pola contra, céntrase unha organización da sociedade for a do Estado, desenvolver a capacidade da sociedade para valerse por si mesmo e permitir que as persoas temen decisións sobre as súas propias vidas e resolven problemas xuntos. Aínda continúan a interactuar coas institucións do Estado, mais so cando ó facelo poden ampliar o espazo que permita a organización social.
Construíndo o sistema comunal
En Bakur (a parte norte do Kurdistán dentro da fronteira turca) este proceso comezou en 2009 mediante a creación de consellos a nivel dos barrios, distritos e cidade, con cominas fundadas nas aldeas. Nelas, a xente tomaba decisións acerca de como debería organizarse a vida e colaboraba coas distintas representantes de organizacións políticas da sociedade civil para orientarse nesa toma de decisións. Repartiron o traballo en diversos comités, que se ocupaban de cuestións sociais, políticas e ideolóxicas, ademais doutras que trataban de xustiza e diplomacia. Tamén se crearon proxectos e organizacións para satisfacer as necesidades da sociedade: cooperativas de traballadores, iniciativas artísticas e educativas e organizacións independentes de mulleres e mocidade, entre outras moitas.
Xa que a liberación da muller un piar fundamental do movemento, este impulsou e organizouse para que as mulleres tivesen a mesma participación e poder para decidir que os homes, sendo este un dos seus maiores logros. Como parte deste, implantouse o sistema de copresidencia en tódalas institución; isto significaba que acada posición de liderado debería ocuparse por un home e unha muller, xuntos. Ademais disto, as estruturas autónomas das mulleres déronlles espazo para atopar as súas propias perspectivas e construír o seu propio poder, fóra da influencia masculina. Isto proporcionou unha gran forza ás mulleres no momento de participar nas estruturas mixtas para articular colectivamente as súas propias decisións.
Aínda que a forte represión exercida polo Estado fixo este proceso dificultoso, os resultados poden ser claramente apreciables a medida que unha gran parte da poboación tornou política e socialmente activa na vida dos outros e na das súas comunidades, sempre que a policía entra no barrio, a mensaxe difundíase rapidamente e a xente mobilizábase para facerlles fronte. Cada vez que a policía asaltaba unha institución e os responsables eran detidos, ó día seguinte chegarían mais persoas para reabrir a institución e continuar a súa labor. A xente esperaba que tarde ou temprá rematarían en prisión polo que se organizaron dentro para converter os cárceres en academias de educación política.
Unha das principais fontes do dinamismo e a enerxía deste proceso foi o movemento xuvenil. Son coñecidos principalmente polo seu papel nas protestas e accións, mais tamén tomaron o liderado na organización de actividades para revivir a cultura kurda oprimida, para organizarse eles mesmo contra as actividades dos narcotraficantes e bandas criminais nos seus barrios e para recibir educación política. A mocidade tiña os seus propios consellos autónomos, pero tamén participou nos xerais para impulsar un cambio radical e a expansión da revolución.
A nova comuna de París
Para abafar a fera resistencia da mocidade kurda, o Estado enviou o exército ás cidades, practicamente derruíndo algúns barrios cas súas bombas e tanques. Malia esta situacións algunhas destas mozas seguiron resistindo e puideron continuar a loitar durante meses baixo os incesantes ataques do Estado. Entón, aínda qu este foi un revés para a autoorganización da sociedade, os exemplos de quen como Şehîd Çiyager Hêvî, Şehîd Faraşîn Sidar e moitas outras máis caeron mártires nesta loita están inspirando hoxe a unha nova xeración de mozas e mozos a tomar o mando e manter a loita.
E aínda que esta particular fase da loita non rematara, o que aconteceu no Kurdistán do Norte foi unha experiencia de autogoberno popular a unha escala nunca antes vista no século XXI. Porque pese a que a Revolución Rojava tivera lugar tres anos antes, a situación en Bakur era moi diferente. O Estado turco non se derrubara coma o de Siria, pero aínda asi o movemento foi quen de erosionar lentamente súa lexitimidade por medio de máis de 40 anos de organización e, máis importante, foi quen de construír.
Así como o movemento kurdo comezou coma un pequeno grupo de mozas universitarias, que combinaban a súa profundidade ideolóxica coa militancia da xuventude, as loitas sociais do século XXI foron definidas por grandes mobilizacións da mocidade durante tempos de malestar social. Xa non están confinados en fábricas, senón que o seu espazo principal de loita é a area pública, as prazas e as cidades. Mais aínda quedan preguntas: Que segue? Como podemos converter os estalidos temporais en cambios a longo prazo?
Aquí é onde a experiencia en Bakur pode amosar o camiño a seguir. Mentres moitos dos movementos sociais atópanse estancados entre a necidade de acadar logros concretos e a dificultade de facer fronte á violencia do Estado sen comprementer os ideais e obxectivos socialistas, a mocidade de Bakur foi quen de romper con este punto morto. Así, malia non ter superado por completo todos os retos ós que se enfrontaron, as súas vitorias amosan que o este camiño pode ofrecer esperanza á actual xeración de mozas que procuran unha luz que os guíe no medio da escuridade na que caeu o mundo. Hoxe en día a loita continúa en Bakur e en tódalas partes do Kurdistán. Cada sacrificio que se fixo foi a base de novos desenvolvementos ideolóxicos e prácticos que se espallan por todas partes. Do mesmo xeito que os acontecemento da Comuna de Paris abriron o período do socialismo “clásico”, que durou ata a caída da Unión Soviética, tamén a “Comuna de Bakur” e a Revolución de Rojava inauguraron a loita por un novo socialismo no século XXI. Un que está a ser liderado polas mulleres e mozas militantes de todo o mundo e que se estende por todas partes.


Comments